O CPI Pontecesures estrea webquest sobre Roberto Vidal Bolaño

     PONTECESURES> Cunha webquest; así foi como os alumnos de sexto do Colexio de Pontecesures afondaron no coñecemento sobre a figura…

    {flowplayer}images/salnes/repor_letras_galegas_pontecesures.flv{/flowplayer}

    … de Roberto Vidal Bolaño, o escritor, actor e dramaturgo ó que este ano se lle adica o día das Letras Galegas. A titora foi a que preparou esta ferramenta, aproveitando que este centro conta cas últimas tecnoloxías grazas ó programa Abalar.

    Unha tarefa de preguntas e respostas ca que os escolares de sexto coñeceron quen foi Roberto Vidal Bolaño, e porque con el mudou o mundo do teatro en galego.

    E é que a todos eles lles gusta a idea de celebrar o Día das Letras, escoller a un ilustre da nosa lingua por ano para poder ir coñecéndoos todos pouco a pouco.

    Mañá o propio Día das Letras non será lectivo, co que poderán aproveitar máis o seu tempo de lecer e acudir, por exemplo, o show dos paiasos que se celebra en Pontecesures. Aínda que tamén hai a quen se lle ocorre outra forma mellor de celebralo: que o Día das Letras sexa lectivo pero…

    Redacción Salnés