Arousa Moza fomenta a cultura entre a xente moza coa celebración de Arousa Inspira

VILAGARCIA> Arousa Moza leva as rúas de Vilagarcía a terceira edición de Arousa Inspira. O festival comezou no día de hoxe con concertos e concursos. Continuará mañá con máis actuacións e actividades para toda xuventude da vila.

A xente máis moza de Vilagarcía volve demostrar a súa implicación nas actividades sociais e culturais da vila coa celebración de Arousa Inspira. O festiva organizado por Arousa Moza leva ás rúas de Vilagarcía diferentes actividades culturais para os máis novos. Os actos comezaron no día de hoxe.

O venres pola mañá os protagonistas serán os nenos e nenas de entre 6 a 12 anos.

Tras a xincana, a actuación de Dani Barreiro servirá como nexo das actividades para os máis pequenos aos concertos para a xente moza.

As actuacións continuarán nas redes sociais cun concurso de fotografía e outro de poesía. Mediante este proxecto, Arousa moza quere dar a coñecer que pode realizar proxectos importantes dando visibilidade á xuventude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí