A Mancomunidade do Salnés pendente de Somos Cambados

SALNÉS> No pleno de organización de Cambados tamén se nomearon aos representantes do concello na mancomunidade do Salnés. Ademais da alcaldesa Fátima Abal, serán membros do ente comarcal o popular Luís Aragunde e o líder de Somos Cambados. O partido de Tino Cordal terá que decidir en asemblea a quen dará o seu apoio.

Unha das grandes incógnitas tras as eleccións municipais do pasado 26 de maio comeza a resolverse. Tralo acontecido en Meaño e Cambados, os partidos de esquerdas contarán con maioría de membros. Un resultado histórico que pode cambiar a dirección da mancomunidade tras décadas de gobernos populares.

Un dos nomes que máis soa para presidir a mancomunidade é José Antonio Cacabelos. O alcalde do Grove advirte que esa é unha decisión que decidirán tódolos socialistas da comarca.

Sobre esta cuestión tamén falou Fátima Abal, a alcaldesa de Cambados asegurou que nun principio non ten intención de postularse como presidenta.

Entre os partidos da esquerda atópase Somos Cambados. Todos fai indicar que os de Tino Cordal apoiarán aos socialistas pero non sen antes consultalo coa organización.

Con todo, e salvo sorpresa, o candidato que escolla o partido socialista será o próximo presidente da Mancomunidade do Salnés.