O CEIP de Valga apura ás obras antes do comezo do curso

    VALGA> A piques de comezar o curso en moitos centros das Rías Baixas aínda están apurando as obras de reforma dos centros escolares. É o caso do CEIP de Baño-Xanza ó que hoxe acudía unha delegación da Xunta de Galicia para intentar dar pulo ó ritmo de execución das obras.

    O Colexio de Ensinanza Infantil e de primaria de Baño-Xanza, no Concello de Valga, está sendo reformado antes do comezo das clases o vindeiro día 10. A dirección do centro apura as reparacións consistentes na substitución case mil metros cadrados de plaquetas do chan, na reforma dos aseos e na disposición de portas novas. Esta actuación suporá un investimento de case 50.000 euros que veñen a mitigar o importante desgaste deste centro educativo xa vello. O retraso das obras débese á falla de abastecemento do almacén de materiais de construcción durante o mes de agosto; co que agora a empresa adxudicataria deberá acelerar o ritmo de traballo co fin de deixar todo listo antes da volta a clase. Esta directora aproveitou a visita institucional para demandar novas melloras como a construcción duns vestiarios e un novo ximnasio. En Valga tamén se mellorou o outro centro educativo, o Ferro Couselo, do Concello co fin de comezar o curso en tempo e forma.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/cole.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/cores_touris_cole_valga.mp4{/flowplayer}