A reforma da estrada Carracedo-Catoira comezará ‘de inmediato’

    ESTRADACATOIRACALDAS copia.jpg CALDAS> Substituirase o firme, cambiarase a sinalización, reducirase a velocidade e suprimiranse  tramos de adiantamento.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_estrada_caldas_catoira091111.flv{/flowplayer}

    Melloras no firme e na sinalización e mesmo unha reducción dos límites de velocidade. É o último paquete de medidas que se executarán na estrada Caldas – Carracedo, unha das vías con maior índice de accidentes da provincia de Pontevedra.

    A obra executarase de xeito inmediato en canto o tempo o permita e durará unha semana. Con esta mellora, a estrada contará con bandas sonoras na calzada, dobre sinalización no eixo central, e ollos de gato ou capta faros para mellorar a visibilidade de noite. Ademais tamén se prevé eliminar algúns tramos de adiantamento no carril lento.

    Segundo informes encargados pola Deputación a empresas externas, non hai un indicador claro que explique a alta sinistralidade desta vía. Total Louzán visitou hoxe a estrada acompañado da directora xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez. Esta vía provincial será unha das primeiras que pasará a titularidade da Xunta.

    Redacción Salnés