A Audiencia Nacional desestima o recurso presentado contra o deslinde de Costas nos Areeiros

sentenzaareeiros_311008.jpgRIBEIRA > A AA.V. ‘A Batiola’  ten intención de presentar nos próximos días un recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

O presidente da Asociación de Veciños A Batiola de Castiñeiras comparaceu esta mesma tarde en rolda de prensa para informar da decisión tomada pola Audiencia Nacional que desestimou o recurso presentado polo colectivo e o propio concello ribeirés contra o deslinde dos bens de dominio público marítimo terrestre na zona dos Areeiros, no que solicitaban a reducción da liña de servidume de Costas dos 100 ós 20 metros. A Batiola ten intención de presentar un recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Xurxo Ferrón criticou ademais o feito de que a Audiencia Nacional apoiase os seus argumentos na anterior sentenza datada en decembro de 2007, que resultara tamén en contra dos intereses dos veciños . O presidente da Batiola aludiu a que non se valorou con exhaustivo detalle a nova documentación aportada, entre ela un informe da Dirección Xeral de Urbanismo que facía referencia á catalogación desa zona afectada por Costas.

Asemblea A Batiola 

A vindeira semana, probablemente o mércores, a Batiola ten previsto celelbrar unha asemblea na que se lle informará a tódolos veciños desta sentenza e se analizará máis polomiudo as accións a emprender tratando de esgotar tódalas posibilidades existentes ó seu favor.

Redacción Barbanza