Así é a librería que Borjamina, dos Mozos de Arousa, vai abrir en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Borjamina, dos Mozos de Arousa, vaille dar un xiro á súa vida abrindo unha librería en Vilagarcía. O exconcursante vai empregar os cartos do premio da televisión para converter a desaparecía Follas Novas nun novo espazo dedicado aos libros e á cultura. A súa intención é ir un paso máis alá, creando unha zona para organizar actos culturais, como presentacións, exposicións e mesmo unha parte dedicada aos xogos de mesa. O Mozo de Arousa traballa contra o reloxo para poder abrir a finais deste mes.

Deuse a coñecer en toda España xunto a Raúl e Bruno grazas a un concurso de televisión. Agora Borjamina dálle un xiro á súa vida impulsando na súa casa, en Vilagarcía, un proxecto moi ilusionante. Vai abrir unha librería cos cartos do premio que conseguiron.

Porque a idea de Borjamina é que isto sexa moito máis que unha simple librería. Aproveitando todo o potencial deste local que antes ocupaba Follas Novas, o Mozo de Arousa quere dedicar unha gran parte do espazo a crear unha zona para a dinamización cultural.

Nese sentido, con el xa contactaron varios autores para facer aquí as súas presentacións e mesmo artistas que queren expoñer neste local.

Nestes momentos Borja e o seu equipo traballan contra o reloxo para telo todo listo para a gran apertura, prevista para finais deste mes.

O que polo de agora se mantén como unha gran incógnita é o nome do proxecto.

Porque aínda que se embarque neste novo proxecto, Borjamina non ten pensado deixar de colaborar con Arousa Moza, entidade soiciocultural moi activa na cidade da que forma parte dende hai anos.