O pleno dá o seu apoio ós veciños de Castrelo

    pleno_cambados100_311008.jpgCAMBADOS > Os veciños de Castrelo obtiveron onte o apoio do pleno de Cambados ás súas reivindicacións contra as obras da PO-549.

    {flowplayer}images/salnes/plenocambados311008.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > Os veciños de Castrelo obtiveron onte o apoio do pleno de Cambados ás súas reivindicacións contra as obras da PO-549.

    Os tres grupos debateron e aprobaron un escrito, no que cualifican de excesiva e innecesaria a expropiación de boa parte das súas parcelas prevista por Política Territorial. Os veciños escoitaron tamén ó PSOE. Domingo Tabuyo lembrou as diversas xuntanzas celebradas para reducir o impacto das obras. O PSOE non votou en contra do escrito, pero denunciou que desde o equipo de goberno hai un dobre xogo. Neste senso, animou ó Concello a solicitar a titularidade da vía.

    No pleno tamén se falou doutro proxecto da Xunta, o do polígono de Tremoedo. O goberno local someteu a votación a alegación do Concello, polos prexuízos que ocasionarían en Oubiña a evacuación das augas pluviais e residuais da nova área industrial, e da tamén da súa depuradora. O BNG non apoiou a alegación aínda que considera comprensible a preocupación.

    Na sesión de onte aprobouse ademais a actualización nun 4,9 por cento da maioría das taxas e impostos municipais, como o do saneamento ou lixo. Incrementouse tamén o Imposto de Actividades Económicas, que só pagarán as empresas que facturen máis dun millón de euros. Serán uns 200 ou 300 euros máis ó ano. Aprobouse tamén a conxelación do soldo dos edís liberados en 2009.

    Redacción Salnés