Moitas zamburiñas pero a escaso prezo

    zamburia_100.jpgCAMBADOS > Hoxe volveu a abrirse a campaña da zamburiña. Nas Rías Baixas este primeiro día foi positivo en canto o número de capturas…

    … e consecución de topes pero non tanto no prezo de venda. Deste xeito, na lonxa de Cambados, a última parada foi a un euro con 10 céntimos cando o ano pasado a última parada non baixaba do euro e medio.

    En total hoxe saíron a traballar 90 mariñeiros de Cambados que foron quen de capturar preto de 4.000 kilos; máis da metade deles para a fábrica. As perspectivas dín que nos vindeiros días será máis difícil chegar os topes. Con todo, agardan que a proximidade do nadal eleve a súa cotización.

    O ambiente na lonxa cambadense era de conformismo ante esta situación e prezos de venda que é parella ó resto do marisco.

    Redacción Salnés