O pez porco e a pescada aumentan ata 18 as ofertas da IV festa da empanada mariñeira de Portonovo

SANXENXO> A empanada mariñeira será a protagonista esta fin de semana en Sanxenxo. O club de piragüismo xunto coa confraría de Portonovo organizan a 4ª edición da festa deste produto. Na vila poderán gozarse de ata 18 elaboracións diferentes de empanada mariñeira.

A empanada mariñeira mais rica de Galicia está en Portonovo. E para corroboralo, o club de piragüismo e o a confraría da vila presentan a IV edición da festa da empanada mariñeira. A vindeira fin de semana poderá gozarse na vila de ata 18 elaboracións diferentes de empanada mariñeira.

Ademais das degustacións, a festa inclúe música, showcookins e concursos como a pequeemoanada para nenos, pais e nais e o concurso de empanada mariñeira no que se repartirán grandes premios.

Dende a confraría destacan a aposta por esta festa para poñer en valor os produtos do mar e apoiar ao club de piragüismo.

Por motivos similares ao da confraría, dende o concello invita á veciñanza da contorna a achegarse a probar a mellor empanada mariñeira de Galicia.

Os prezos das empanadas son populares e as racións oscilarán entre os 3 e os 8 euros. Dende a organización agardan superar a cifra de 1500 racións vendidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí