A rede de pistas da parcelaria de Briallos rematarase o vindeiro ano

    visita_parcelaria_briallos100.jpgPORTAS> Para o vindeiro verán espérase que xa se poida circular pola rede de camiños que se está a executar en Briallos, …

    {flowplayer}images/salnes/visita_parcelaria_briallos.flv{/flowplayer}

    … dentro da concentración parcelaria correspondente a esta parroquia de Portas. Así o estima o xefe de Servizo de Infraestructuras Agrarias da Xunta, Julián Alvira, quen sinalou que este ano xa se executará o 90 por cento dos máis de 20 quilómetros desta rede de pistas.

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e mailo alcalde de Portas, Roberto Vázquez, percorreron unha das pistas centrais da parcelaria de Briallos. Trátase dunha nova estrada de algo máis dun quilómetro, que permitirá unir, case en liña recta as parroquias de Briallos e Porta do Conde.

    A Xunta tamén ten proxectada para Portas a concentración parcelaria de Romai, que segundo o delegado Cores Tourís, se iniciará o vindeiro ano. En conxunto, as parcelarias de Briallos e Romai sumarán 720 hectáreas, concentrando os terreos de máis de 1.600 propietarios.

    No Concello de Portas están satisfeitos co desenvolvido ata o de agora e esperan que a concentración de Briallos remate igual de ben.

    Redacción Salnés