Identifican ó peón falecido en Vilaxoán como Ramón Martínez Rubianes

    atropelo_vilaxoan3_100.jpgVILAGARCÍA > Ramón Martínez Rubianes, de 68 anos e veciño de Vilaxoán. Esta é a identidade do peón falecido no último atropelo

    atropelo_vilaxoan3_200.jpgVILAGARCÍA > Ramón Martínez Rubianes, de 68 anos e veciño de Vilaxoán. Esta é a identidade do peón falecido no último atropelo acontecido en Vilagarcía. O sinistro produciuse o pasado venres pola noite, arredor das once e media, na Avenida de Cambados, nas inmediacións da igrexa e moi preto dun paso de peóns.

    atropelo_vilaxoan1_200.jpgO peón faleceu practicamente no acto logo de ser atropelado por unha moto Yamaha XP, que acabou deslizándose polo chan ata chocar contra un coche estacionado no lugar. A consecuencia do golpe, o condutor, Manuel Abal Feijoo, de 38 anos, foi trasladado ó Hospital do Salnés pero dada a gravidade das súas feridas foi derivado ó Xeral Cíes de Vigo, onde faleceu o sábado pola mañá. Este veciño de Castrelo, en Cambados, é un histórico narcotraficante. Alcumado ‘Patoco’ saíu ben parado de situacións diversas como un intento de secuestro, e outro de asasinato e mesmo un accidente cunha planadora.

    Non foi o único accidente mortal desta fin de semana nas estradas galegas. Desde o pasado venres, son seis as persoas falecidas, o último, un pontevedrés de 20 anos. J.M.C.M perdeu a vida á altura do lugar de Fraga da Moreira, no tramo que une a parroquia de Campañó con Poio, na estrada que une Vilagarcía coa Po-308, entre Pontevedra e Sanxenxo. Os feitos ocorreron ás seis da mañá do domingo cando o turismo marca Ford que conducía se saíu da vía pola marxe dereita. O mozo saíu disparado do vehículo, quedando tirado nun terraplén de area, ó marxe da estrada. A consecuencia do impacto, o condutor faleceu no acto.

    O primeiro sinistro tivo lugar o venres en Quiroga, cando a mediodía un choque frontal se saldaba coa morte do condutor dun dos vehículos. Ese mesmo día, en Ourense, tamén faleceu o condutor dun ciclomotor. E unhas horas despois, en Vilalba, outro home perdía a vida como consecuencia dun choque frontal dun turismo e unha furgoneta. O piloto desta resultou gravemente ferido.

    Redacción Salnés