O Mosteiro de Armenteira será obxecto dunha cumprida reforma

     MEIS> O Mosteiro da Armenteira será en breve obxecto dunha coidada restauración que lle dea un novo pulo ós centos de anos de historia…

    {flowplayer}images/salnes/pousada_armenteira_160413_.flv{/flowplayer}

    … que alberga; unha actuación é froito dun acordo múltiple entre a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia; a Deputación, o Concello de Meis e o Arcebispado de Santiago. Amais na contorna deste templo senlleiro é mester reparar con urxencia o peche perimetral; de feito parte del xa tivo que ser apuntalado fai uns día para garantir a seguridade dos asistentes á Romaría da Virxe das Cabezas.

    Outro dos asuntos destacados desta reunión foi a recuperación dos Castros; un plan integral que afectará a varias destes poboacións dos nosos antecesores arousáns; e que inclúen a creación dun poboado castrexo en tres dimensións en Terras do Deza.

    A Deputación solicitou asemade a Patrimonio autorización para comezar xa a mediados do mes que ven cas labores de limpeza e sinalización dos Castros da contorna a cargo das brigadas de seu. Esta xuntanza tivo lugar na Pousada da Armenteira, unha das catro Pousadas do Salnés que está a piques de rematarse.

    De aquí en diante queda dotala do equipamento preciso. Louzán non ocultou a súa satisfacción ante o interese que están amosando cadeas hoteleiras e organizacións de minusválidos por coñecelas de preto antes da súa posta en marcha; un proxecto que mesmo resultou atractivo á nova titular de Patrimonio.

    Redacción Salnés