Ribadumia reclama que se substitúan as vacacións dos médicos do seu ambulatorio

RIBADUMIA> O concello de Ribadumia denuncia a falta de médicos no centro de saúde da localidade. Dende o pasado 16 de xullo, o centro conta cun único facultativo para atender a preto de 3.000 pacientes. O equipo de goberno presentou esta mañá ao redor de 200 reclamacións asinadas por veciños.

O centro de saúde de Ribadumia non é alleo aos recortes que acompañan a época estival. Esta mañá, o equipo de goberno presentou preto de 200 reclamacións de veciños pola falta de médicos que garantan o correcto funcionamento do ambulatorio.

Esta situación dáse dende o pasado 16 de xullo e prolongarase durante o mes de agosto, ao non cubrirse as vacacións dos facultivativos. O executivo solicitou un encontro co xerente da EOXI Pontevedra-Salnés, petición que segue sen resposta. Pola contra, si mantivo un encontro cos representantes do Partido Popular en Ribadumia.

Castro afeoulle que primara a cuestión política por riba da xestión. Tamén criticou a postura dos populares, aos que acusou de desvirtuar a problemática do centro de saúde de Ribadumia.

Segundo denuncian, esta situación tamén está a afectar ás farmacias, debido aos retrasos nas receitas que están a padecer os doentes.