Cambados conmemora o 25N homenaxeando ás 50 vítimas da violencia machista no 2017

    CAMBADOS> Cambados sumouse esta mañá á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia Machista. Nun discurso reivindicativo, a alcaldesa Fátima Abal reclamou máis medidas das institucións e unha maior implicación da sociedade para rematar co que cualificou como un auténtico acto de terrorismo. No que vai de 2017, xa foron 50 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas en España. 715 nos últimos dez anos. Así comezaba a alcaldesa de Cambados a lectura dunha listaxe que a estas alturas do 2017 faise case interminable. Ata hoxe, 50 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou exparellas. Fátima Abal cualificou a violencia machista de acto de terrorismo. Advertiu o que tamén sinalan os datos, que non é unha cuestión xeracional, e sinalou que a educación como algo fundamental. Abal reclamou máis implicación e mobilización das institucións e da sociedade xeral para rematar cunha lacra social que require da unidade para ser erradicada. Unha mensaxe que tamén se lanzou dende o manifesto que leu a responsable do CIM comarcal. O mesmo documento, acordado no seu da Fegamp, leuse nos outros concellos que forman parte do CIM da Mancomunidade do Salnés, Meis e Ribadumia.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí