O Portonovo sae do descenso tras unha agónica victoria

futbol250_101108.jpgSALNÉS > Balance dunha victoria, dous empates e unha derrota para os equipos do Salnés na décima xornada. A mellor nova deuna o Portonovo que sae dos postos de descenso tras vencer en Baltar ó Cerceda.

Non foi esta unha das xornadas máis propicias para os equipos do Salnés, aínda que o máis beneficiado foi o máis necesitado, o Portonovo, que sae dos postos de descenso tras vencer por 3-2 ó Cerceda.

O encontro semellaba sentenciado ó descanso con dous goles de penalti provocados e transformados por Álex (nun deles ademais foi expulsado o porteiro visitante). No 50′  Fiti facía o 3-0, pero o rival, con dez, non se rendíu conseguíu meter o 3-2 a falta de seis minutos e ben puido empatar o encontro en dúas accións na prolongación. Ó final os puntos quedaron na casa.

Peor sorte correu o Céltiga que desaproveitou unha boa ocasión para meterse cos de arriba e caeu co Ourense por 0-1, pese a xogar os visitantes cun home menos toda a segunda metade e con nove os últimos vinte minutos. Berto, o porteiro vistante, tivo unha actuación máis que destacada, xa que ademais de facer un bo encontro defendendo a súa portería, foi o autor do único gol do partido ó transformar un penalti. Segunda derrota consecutiva dos de Josiño Abalde que se alonxan un pouco dos de arriba.

Cun punto menos co Céltiga pero en clara traxectoria ascendente atópase o Arousa, que fixo un gran encontro onte no Morrazo. Bo fútbol por parte de dous conxuntos que buscaron o gol dende o inicio a base de xogo combinativo. Manu Rodríguez adiantou ós vilagarciáns no 32′ da primeira pero Xosé empatou de testarazo picado catro despois. Os dous equipos tiveron ocasións dabondo como para acadar máis tantos pero ó final o empate semella xusto para os méritos duns e outros.

Tamén empatou o Vilalonga que deixou escapar a victoria. 0-2 mandaban os de Gabi leis, no 35 da primeira con tantos de Pablo Pillado e Saúl pero a partir de ahí relaxáronse e deixáronse dominar por un Bouzas que igualou a tres para o remate e ben puido levarse o triunfo.

Destacar tamén os resultados de Preferente Autonómica coa victoria do Ribadumia por 2-0 diante do Caselas e as derrotas do Unión do Grove por 0-1 co líder Cultural Areas e do Sanxenxo por 1-3 fronte ó Cruceiro.

Redacción Salnés