SALNÉS > Xornada pouco propicia para Extrugasa e Inelga. Os dous conxuntos vilagarciáns caeron nos seus respectivos encontros por marcadores moi axustados, no caso das rapazas de Isaac Fernández despois de ter disputado dúas prórrogas.
Os tiros libres condenaron ó Extrugasa no País Vasco, caeron por 83-82 fronte ó Hondarribia tras 50 minutos de xogo, dúas prórrogas incluidas.
As de Isaac Fernández tiveron o partido gañado dúas veces. A falta de trece segundos para o final e con 61-63 no marcador, Katia da Silva, que foi a mellor do encontro con 17 puntos e 10 rebotes, tivo dous lanzamentos para finiquitar o partido, pero só acertou nun deles. Helen Luz, sobre a bociña, anotou un triple que levou o choque á primeira prórroga.
Ahí tamén foron un pouco mellores as vilagarciáns que chegaron con 70-72 ós segundos finais; as locais erraron un lanzamento de tres pero no rebote Zlatanova fixo falta sobre Todorova, que non fallou e enviou o partido a unha segunda e á postre definitiva prórroga.
No acto definitivo, volveu a aparecer o desacerto dende a liña de personal. Sara Gómez dispuxo de dous lanzamentos para igualar o choque a 83 nos últimos segundos, pero errou un e ahí quedáronse as opcións de victoria.
Salientar o debut de Mandisa Stevensson que fixo 17 puntos e 9 rebotes, aínda que porcentaxes de tiro discretas. O Extrugasa, queda cuarto pola cola, con dúas victorias en sete partidos, catro derrotas consecutivas en Liga e á espera da visita o sábado a Fontecarmoa do Olesa Español. Antes, o xoves, visitarán ó Pallacanestro Ribera italiano no cuarto partido de liguiña da Eurocup.
Tampouco puido vencer o Inelga noutro final apretado (66-63). Os vilagarciáns foron boa parte do ecnontro por detrás no marcador pero souberon remontar no terceiro cuarto grazas ó traballo defensivo.
Nos últimos instantes os locais David Llorente e Pablo Míguez anotaron dous triples que lle deron a volta ó marcador. Córtase así a boa xeira de resultados do Inelga que queda na parte baixa da táboa.
Redacción Salnés