Homenaxe póstuma dos bateeiros a Paulino García

    concentra_bateeiros_100.jpgVILAGARCÍA > Centos de persoas vinculadas ca producción, extracción, depuración e cocedeiros de mexillón concentráronse esta tarde en Vilaxoán…

    … o pé das novas instalacións do Intecmar para amosar o seu rexeitamento á situación actual que está a vivir o sector mexilloeiro. Portando velas acendidas, depositando unha coroa de loureiro na beira destas instalacións e gardando cinco minutos de silencio estes mexilloeiros quixeron render unha última homenaxe ó presidente de Amesa, Paulino Garcia Canda, finado o pasado domingo.

    Os seus compañeiros entenden que esta morte, malia a tratarse dun suicidio, podería estar motivada pola presión que están a sentir os membros deste sector minoritario.

    Os compañeiros de Paulino, emocionados, queren que esta morte sirva para algo; polo que reclaman que cesen as moitas formas de hostilidades que aseguran que se están a exercer de cara a eles por parte do sector maioritario, ó que nunca, aseguran, van a chegar a adherirse.

    Estes bateeiros lamentaron tamén o papel que está a exercer a administración neste conflicto, feito polo cal pediron responsabilidades; a primeira delas, a dimisión da Conselleira de Pesca, Carme Gallego.

    Redacción Salnés