VILAGARCIA> A vicepresidenta do Goberno Yolanda Díaz anímase a recoller ameixas coas mariscadoras de Carril. Na súa visita a Vilagarcía, a ministra achegouse ata a praia da Compostela para mostrar o apoio ao sector nas súas reivindicacións laborais.
Con moitas ganas e ilusión, a vicepresidenta segunda do goberno, Yolanda Díaz, animouse a recoller ameixas coas mariscadoras de Carril. A ministra mantivo un encontro coas traballadoras, no que ademais de recoller o marisco tamén falaron da situación do sector. Yolanda Díaz quixo mostrarlles o seu apoio na loita por unhas mellores condicións laborais.
Yolanda Díaz defende que as traballadoras do mar deberían ter as mesmas condicións laborais que os seus compañeiros do marisqueo a flote.
Tamén pide que se recoñezan todas as enfermidades que pidan derivarse da súa actividade profesional.
Yolanda Díaz destacou a importancia do sector para Galicia e para moitas familias. Tamén defendeu a petición das mariscadoras de crear cursos de formación para mellorar as súas competencias.
A últimas das cuestións que defendeu a ministra foi o relevo xeracional do marisqueo. O sector pide que se fagan contratos de relevo para garantir a continuidade do marisqueo. Un traballo que, segundo Yolanada Díaz, é clave para o país e para o coidado do medio ambiente e por iso téñense que garantir unhas condicións laborais dignas e de calidade.