Porto do Son volve a ofertar os campamentos de movida urbana co fin de favorecer a conciliación

PORTO DO SON> Este ano fertaranse un total de 180 prazas e desenvolverase do 12 de xullo ó 19 de agosto. O prazo de preinscrición abrirase o vindeiro 7 de xuño.

Esta mañá presentábase en Porto do Son unha nova edición da Movida Urbana, o campamento que oferta o Concello durante a época estival, os meses de xullo e agosto, dirixido a nenos de 3 a 12 anos. A convocatoria deste ano incluirá un total de 180 prazas , divididas en tres grupos co fin de garantir as medidas de seguridade.

Un dos cambios máis importantes é que na edición deste ano terán prioridade aquelas familias cuxos país estean traballando, con preferencia tamén dos empadroados no Concello. A actividade desenvolverase de luns a xoves de dez da mañá a dúas da tarde.

O prazo de inscrición abrirase do 7 ó 25 de xuño, para posibilitar a achega da documentación.

Para máis información os interesados poden consultar a web municipal, ou achegarse ás propias oficinas do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí