Cultura celebra en Ribeira o Día da Lingua Materna

    RIBEIRA> O Conselleiro de Cultura celebrou o Día Internacional da Lingua Materna en Ribeira, nun acto con familias organizado pola secretaría xeral de Política Lingüística. Román Rodríguez destacou o labor das administracións en defensa da lingua pero insistiu no seo familiar como principal vehículo para a transmisión do idioma. Hai xa cinco anos que a Xunta de Galicia sumouse á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, impulsado pola UNESCO para promover os idiomas con menos falantes e a diversidade lingüística. Nesta ocasión, o lugar elixido para lembrar esta efeméride foi Ribeira. Ata alí desprazouse o Conselleiro de Cultura para participar nun acto celebrado no centro cultural Lustres Rivas. Na compaña do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, asisitiu ó espectáculo ‘Contacontos Xente Miúda, moita Fartura’ a cargo do músico Pablo Díaz. O conselleiro tivo ocasión de conversar coas máis de corenta familias que se deron cita neste acto, lembrando a importancia da transmisión oral da lingua no entorno familiar. Ademais do papel das familias, Román Rodríguez destacou o necesario labor da administración en prol da promoción do galego. A través da rede de dinamización lingüística búscase fomentar o uso do galego, non só no entorno escolar senón como principal vía de comunicación para valorizar o uso da lingua materna e garantir o seu futuro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/23/conselleiroculturaenribeira2302151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/23/conselleiroculturaenribeira230215.mp4{/flowplayer}