IC Boiro designa a Antonio García como candidato para as municipais de maio

BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro designou a José Antonio García Castro como candidato ás eleccións municipais de maio.

Toma así o relevo do presidente e fundador do partido, Manuel Velo, que concorreu como cabeza de cartel nos pasados comicios de 2019. Sen embargo, pouco tempo despois renunciaba á súa acta de concelleiro que foi ocupada por García Castro asumindo a portavocía do seu grupo municipal.

A formación independente valorou a ampla experiencia adquirida polo candidato ó longo destes anos como membro da corporación. Antonio García asume este reto coa intención de dar continuidade ó proxecto iniciado por Velo.

Así, contará coa súa estreita colaboración así como doutros membros do partido que o acompañarán na lista que dará a coñecer proximamente.