O executivo boirense despide a asistenta social

    BOIRO> A empregada municipal fora apartada do seu posto de traballo en febreiro pasado ó coñecerse que cobraba pola prestación de servizos de asistencia domiciliaria de xeito paralelo. Finalmente e despois de meses de investigación por parte de diferentes departamentos municipais, o executivo boirense emitiu a resolución pola que se procede ó despedimento desta traballadora municipal, que xa levaba dende febreiro pasado apartada do seu posto e suspendida de soldo. Segundo o alcalde, Xoán Xosé Dieste, a decisión veu tomada pola gravidade do caso. Ó parecer a ex-responsable do departamento de Servizos Sociais cometeu ata un total de 26 faltas tipificadas coma moi graves. Paralelamente ás accións emprendidas polo concello, o caso segue tamén á espera da resolución por vía xudicial, xa que os feitos denunciados poderían ser constitutivos de delito coma unha presunta estafa, falsidade en documento público e apropiación indebida.. A nova do despedimento xa lle foi comunicada á extraballadora municipal que poderá recorrer esta decisión ante a xurisdición laboral ou presentar un recurso contencioso administrativo contra o procedemento levado a cabo polo concello.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí