Ánxela Franco renuncia á acta de concelleira tralos malos resultados

    PORTO DO SON> Os malos resultados electorais colleitados polo Bloque Nacionalista Galego en Porto do Son cobráronse a primeira das vítimas. A candidata desta formación política á alcaldía sonense, Ánxela Franco, anunciou a súa intención de renunciar á acta de edil, e xa non tomará posesión coma concelleira no pleno que se celebrará o próximo 13 de xuño para a constitución da nova corporación. A súa decisión é irrevogable e xa lla comunicou á propia asemblea local. Franco aludiu a que dimite para ser consecuente co resultado das urnas, na que a formación frentista pasou de tres a dous edís, asumindo así as súas responsabilidades. Aínda que abandona a primeira liña política, anunciou que seguirá a traballar polo BNG, como o veu facendo ata o de agora.