RIBEIRA> Ribeira homenaxeará ós veciños represaliados durante a dictadura franquista cun emotivo acto. Será este venres no Malecón, ante a escultura para a memoria histórica elaborada por Soledad Penalta. Ademais de autoridades e historiadores, acudirán familiares e amigos das vítimas.
A homenaxe convocada este venres polo Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica e o concello de Ribeira pretende ser un acto de xustiza e reparación para o cento de veciños represaliados durante o franquismo. Tanto aqueles que foron fusilados ou tirados en cunetas, vítimas de consellos de guerra ilegais, como a outros que sufriron torturas e humillacións como as mulleres rapadas ou mesmo os que acabaron en campos de concentración nazi, a maioría deles en Mauthausen.
Será ás oito da tarde fronte á escultura emprazada no Malecón que constitúe unha homenaxe a aqueles que deron a vida pola defensa da liberdade.
O acto contará ademais coa presenza da autora da escultura, Soledad Penalta, e o acompañamento musical de Esperanza Mara.