Veciños de Abesadas denuncias as deficiencias deste céntrico barrio

    queixasvecinosabesadas_100_060809.jpgRIBEIRA> Os veciños da zona das Abesadas seguen a denunciar as múltiples deficiencias que presenta este barrio residencial de recente construción.

    {flowplayer}barbanza/queixasvecinosabesadas.flv{/flowplayer}

    O importante crecemento do número de edificación na zona das Abesadas dende hai algúns anos non foi parello á dotación de servizos. De aí que, na actualidade, un dos barrios máis poboados do casco urbano de Ribeira presente innumerables deficiencias que os seus veciños levan anos denunciando.

    As principais refírense ó mal estado das rúas. Algunhas mesmo sen asfaltar, ou a diferenza de alturas nas beirarrúas. Denuncian tamén a falta de puntos de luz e o deficiente servizo de limpeza con escasos contedores para a recollida.

    O estado dalgunhas edificacións tamén deixa moito que desexar posto que moitos baixos sen ocupar continúan en ladrillo, sen rematar. Por outra banda, o parque infantil, no que xogan moitos rapaces, non reúne as condicións que deben presentar este tipo de recintos e, coas chuvias é frecuente a formación de charcas e pequenos anegamentos.

    A estas queixas únense os constantes problemas do tráfico polo que os residentes reclaman unha reordenación circulatoria ou as deficiencias na recepción do sinal de televisión.

    Redacción Barbanza