A POBRA> O Club de Remo Pobra celebra o seu segundo Campionato Provincial de Bateis. A cita terá lugar esta vindeira fin de semana, o sábado 12 e domingo 13 de abril no porto da localidade. Na pobra participarán 600 remeiros chegados de 12 clubs da provincia da Coruña.
A dársena da Pobra acollerá esta vindeira fin de semana unha nova proba de remo coa disputa do Campionato provincial de bateis. Organizada polo Club de Remo Pobra e a federación Galega de Remo, na proba participarán todas as categorías dende alevín a absoluta.
O campionato servirá ademáis de clasificatorio para o campionato Galego. Dende o Concello destacan a importancia deste tipo de probas cun gran impacto económico e social na vila.











