Comezan a instalarse os pasos de peóns elevados na Avenida da Mariña

    pasoselevados100_121108.jpgVILAGARCÍA > O Concello de Vilagarcía iniciou hoxe as obras de colocación de pasos de peóns elevados na avenida da Mariña.

    {flowplayer}images/salnes/pasos.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O Concello de Vilagarcía iniciou hoxe as obras de colocación de pasos de peóns elevados na avenida da Mariña. O primeiro deles estase a instalar en Castor Sánchez e en breve continuarase diante da farmacia.

    Neste lugar foi onde se produciu o primeiro atropelo mortal deste ano. Foi hai case seis meses, cando en plena movida nocturna perdía a vida o mozo de Guillán Manuel Abalo, ó ser arrollado por un turismo conducido por outro mozo de Vilaxoán, que se dera á fuga. Con estas medidas trátase de garantir a seguridade dos veciños e evitar atropelos como os acontecidos nos últimos meses. Inda que a alcaldesa afirma que xa tiñan en previsión estas actuacións moito antes.

    O Concello prevé novas medidas. Na avenida de Pontevedra, coñecida como a recta de Rubiáns, preténdese por un paso de peóns á altura do cemiterio inglés e outro nas proximidades da rúa Pedral, amais de colocar máis iluminación nos pasos de cebra existentes mentres non se coloquen semáforos e bandas redutoras de velocidade nas proximidades dos cruces. A alcaldesa remitiu hoxe ó Ministerio de Fomento a proposta para mellorar a seguridade dos peóns nesta vía de entrada a Vilagarcía.

    Redacción Salnés