Novo paso adiante para o porto deportivo de Escarabote

    navesescarabote_100_141108.jpgBOIRO > Portos de Galicia derrubará as antigas naves de terrazos Escurís e Cartogal exsitentes no peirao de Escarabote antes de que remate o ano.

    {flowplayer}barbanza/navesescarabote.flv{/flowplayer}

    Á xuntanza co presidente de Portos de Galicia acudiron o alcalde, Xosé Deira, o tenende de alcalde, Xoán Xesús Ares, o presidente do club náutico Barraña, Carlos Romero, e o patrón maior da Pobra, Manuel Maneiro.

    O motivo da mesma non era outro que analizar varios proxectos pendentes do ente provincial no peirao de Escarabote, como é o caso do derrubo das vellas naves existentes a carón da dársena.

    Porto deportivo

    Unha vez dado este paso e que a explanada que ocupan actualmente estes inmobles abandonados quede libre, Portos de Galicia disporá dun amplo espazo para construi-las instalacións do futuro porto deportivo, cuxo proxecto podería ser contratado no 2009.

    Por outra banda, membros do executivo, representantes do sector do mar e do club náutico, así como tamen enxeñeiros do organismo autonómico, manterán a vindeira semana unha reunión na que se abordará a reordenación de toda a dársena de Escarabote, na que se incidirá na posibilidade de instalar provisionalmente uns 40 ou 50 pantaláns para embarcacións deportivas e de recreo que se situarían na zona destinada ós barcos de pesca, como solución ata que non se constrúa o porto náutico.

    Redacción Barbanza