O BNG da Pobra volve a reclamar a creación do servizo de normalización

POBRA> Os nacionalistas critican a falla de compromiso por parte do equipo de goberno na defensa do galego.

Non é a primeira vez que o BNG presenta esta iniciativa reclamando a creación do Servizo Municipal de Normalización Lingüística. É máis, segundo os nacionalistas, xa existía un compromiso do equipo de goberno de poñelo en marcha, chegando a ter solicitada durante o 2017 unha subvención á Deputación da Coruña para esta finalidade, para a que xa se iniciara un proceso de selección e da que mesmo se chegou a recibir a metade da axuda, que agora o Concello deberá devolver con intereses pertinentes.

Para a nacionalista este é un exemplo máis dos constantes incumprimentos por parte do goberno municipal en materia de normalización lingüística.