BARBANZA > O heliporto do Hospital do Barbanza será unha realidade a principios do próximo ano. O proxecto sairá a licitación a finais de novembro.
{flowplayer}barbanza/heliporto.flv{/flowplayer}
O deputado no parlamento galego, Xosé Manuel Lage, acompañado de varios representantes da executiva socialista de Ribeira visitou o hospital do Barbanza. Alí mantivo unha xuntanza de traballo co equipo directivo que encabeza a xerente, Rosario Vázquez.
Tras repasar as últimas actuacións levadas a cabo no centro, non só referidas ás obras de mellora, senón tamén á ampliación de persoal e servizos, os responsables do hospital informaron da próxima licitación do heliporto que permitirá unha mellora na calidade asistencial ós pacientes. A pista, que se construirá a carón do hospital, contará cun presuposto de 240 mil euros e unha vez se inicien os traballos estará rematada nun prazo de entre seis e oito semanas.
Máis inversións
Ademais da boa nova que supón a construción do heliporto, o deputado Lage Tuñas destacou as notables melloras que se teñen levado a cabo no hospital comarcal nos últimos anos, grazas, segundo dixo, o incremento das inversións no eido sanitario.
Melloras que tiveron a súa repercursión na redución das listas de espera. Neste sentido, Lage Tuñas arremeteu contra a política de desprestixio que está a levar a cabo o voceiro da oposición, Manuel Ruíz, a quen acusou de enganar manipulando os datos das listas de espera.
Redacción Barbanza