O Extrugasa pon pé e medio na seguinte rolda da Eurocup

baloncesto250_141108.jpgSALNÉS > O Extrugasa acadou onte unha importantísima victoria na cancha do Pallacanestro Ribera italiano que lles outorga prácticamente o pase á seguinte rolda da Eurocup. Victoria que non poderán festexar en exceso xa que mañá volta a liga; reciben en Fontecarmoa ó Olesa Español.

A mellor versión do Extrugasa presentouse onte en Sicilia, na cancha do Pallacanestro Ribera. Victoria, 66-80,  e o que é máis importante, pé e medio posto xa na rolda de dezaseisavos de final da Eurocup.

Partido moi serio das de Isaac Fernández que completaron un primeiro cuarto para enmarcar. Xa vencían por once (15-26) tralos primeiros dez minutos grazas ó acerto en ataque e á concentración en defensa.

Pese a que as diferencias foron dende o inicio amplas, as italianas puxeron en apretos ó Extrugasa; achegáronse a un punto nada máis comezar a segunda metade lideradas pola pivot Choones.

Pero as vilagarciáns xogaron con tranquilidade, non apareceron as presas e souberon levar o partido o seu terreo de novo. Especialmente acertadas estiveron Zlatanova, que fixo 19 puntos e María Asurmendi, que dirixíu á perfección ó equipo e tivo boa culpa de que o Extrugasa só perdera dez balóns. 

Con este triunfo quedan segundas do seu grupo, cunha victoria máis que Olivais e Ribera. Se son quen de vencer ás portuguesas, serán segundas pase o que pase no resto de encontros.

Sen tempo para o descanso mañá chega a Fontecarmoa o Olesa, un conxunto moi complicado, cuarto na táboa, que xa gañou a Perfumerías Avenida este ano e foi quen de poñer en serios apuros ó todopoderoso Ros Casares. As catalanas teñen na súa escolta Anna Cruz á mellor xogadora; é segunda de toda a liga no ránking de valoración.

Tamén xogara esta fin de semana o Inelga, que o terá que facer o domingo pola mañá ante o Estela. Os de Juan Espiñeira queren amarrar a victoria na casa para poder así ascender postos na táboa, xa que agora están situados terceiros pola cola.

Redacción Salnés