O Nena I de Avelino Ochoa, gaña o Campionato de Pesca Submarina

pesca_submarina250_250609.jpgO GROVE> A tripulación do Nena I, patroneada por Avelino Ochoa, foi a vencedora absoluta do Campionato de Pesca Submarina organizada esta fin de semana polo Náutico de San Vicente. A embarcación do presidente da entidade fíxose ademais cos premios de mellor peza e co de maior número de pezas.

{flowplayer}images/salnes/pesca_submarina.flv{/flowplayer}

O Club Náutico de San Vicente organizou o domingo a segunda edición do Campionato de Pesca Acquarium Galicia. Foi entre as illas de Ons e de Sálvora. Os participantes tiveron moi bo tempo pero con rachas de vento de entre 13 e 14 nós, o que obrigou a retirarse a algunhas das embarcacións. Ás nove da mañá saíron once barcos cun total de trinta tripulantes que estiveron pescando ata as cinco da tarde.

O campión absoluto foi o Nena I, patroneado por Avelino Ochoa, presidente do Club Náutico de San Vicente, que levou a Pepe Garrido, Juan Santaya e Elías Torres como tripulantes. O Nena I capturou ademais a mellor peza, cun pinto de máis de dous quilos e medio, e fíxose co maior número de pezas, cun total de 81. O premio ó maior lote de peixe vivo foi para o Yago, tripulado por Juan Búa, Manuel Domínguez e Antonio Triñanes. Os tres primeiros clasificados foron o Nena I de Ochoa, o Alemar de Manuel Rey, e o D’Parada de Eduardo Iglesias.

Os amantes da pesca teñen outra cita o día 4 de xullo. O Club de Pesca O Isco, do Grove, ten aberto ata o vindeiro luns o prazo para inscribirse na cuarta edición do concurso de Pesca Marítima Nosa Señora do Carme. Desenvolverase pola mañá de nove a unha nos arredores da Toxa. O Isco espera reunir a uns sesenta pescadores de toda Galicia.

Redacción Salnés