![]()
A ILLA > Esta semana estase a organizar na Illa de Arousa o Primeiro Campionato de Atletismo para rapaces.
A inicitiva, xerada dende o concello e a Fundación Deportiva Municipal, está a ter moi boa acollida entre nenos e pais.
As actividades, que comezaron o luns, rematarán mañá venres coa entrega de trofeos e medallas. Aínda que sone a tópico, o importante aquí é participar…e aprender. Os rapaces que se achegan estes días ata o CEIP Torre Illa, van a pasalo ben e a coñecer outros deportes.
Aprenden a técnica do triple salto, en qué consiste unha carreira de relevos ou mesmo a lanzar martelo, eso sí, no xogan con pesos peligrosos, todo é de goma. Por suposto que prefiren isto a estar na clase; algún incluso vai máis alá e o prefire ó futbol.
O que se pretende dende a Fundación Deportiva Municipal e inciar ós rapaces nestas prácticas deportivas non tan coñecidas, e tamén ofrecerlles un entretemento mentres no comezan as actividades extraescolares.
Mañá pola tarde, unha vez rematen tódalas probas, acudirán tanto o alcalde Manuel Vázquez como a concejala Juliana Dios a facer entrega dos premios ós campións.
Redacción Salnés







