Vilalonga e Céltiga ansían volver pola senda do triunfo

futbol250_141108.jpgSALNÉS > Vilalonga e Arousa reciben nos seus campos a rivais moi incómodos, o Céltiga desplázase fóra a xogar co recén ascendido Somozas, mentres que o Portonovo tamén se enfronta a outro ascendido, aínda que dos que mete medo; o invicto Compostela.

Bonita xornada a que nos agarda na Terceira na que haberá que ver se Céltiga e Vilalonga reaccionan tras unha mala xeira de resultos, se o Arousa é quen de prolongar o seu bo momento e se o Portonovo pode dar a sorpresa en San Lázaro.

Son os de Milucho os que máis complicado o van ter, non en van visitan ó terceiro clasificado e único invicto da competición, o Compostela. Os portonoveses non descartan dar a sorpresa e poder sumar a súa segunda victoia consecutiva, ante un rival que xoga moi agresivo, moi ben pechado cunha liña de cinco na zaga e que dispón de xogadores de moita calidade arriba, dos mellores da liga, como Vladimir, Rubén Marquez ou o charrúa Petter Rocha.

O Vilalonga xogará en San Pedro ante un Coruxo co que empata puntos na clasificación. Os de Gabi Leis non coñecen a victoria dende o partido de Santa Comba, sumaron 2 dos 12 últimos puntos posbiles o que lles fai estar máis preto do descenso que da zona noble. No vestiario celeste, as vacas sagradas cren necesario recuperar a actitude de loita e concentración que o equipo amosou ante rivais teóricamente superiores, cos que asinaron as mellores actuacións.

Outro que quere retomar a senda do triunfo é o Céltiga. Enfróntase a un dos ascendidos, o Somozas, co que nunca se enfrontou en Terceira. Josiño Abalde quere que o equipo colla certa regularidade e que volva a sacar os partidos adiante, esquencendo canto antes o mal encontro da semana pasada ante o Ourense. Albert é a única baixa no cadro da Illa.

Por último o ilusionante Arousa recibe ó Verín. Son sete partidos os que leva sen perder o conxunto de Laxes, que continúa coa súa remontada e quere que a xeira se prolongue. Enfronte terán un equipo incómodo, con gran poder aéreo nas xogadas a balón parado pero que esta temporada estase a demostrar débil fóra do seu campo, tan só sumou 1 punto de 15 posibles.

 Destacar ademais os encontros de de Pereferente Autonómica: Caselas-Sanxenxo, Pontellas-Unión do Grove e Ponte Ourense-Ribadumia.

Redacción Salnés