Sanxenxo constitúe a Mesa de Violencia de Xénero

    mesa_violencia100.jpgSANXENXO > O Concello quere mellorar a atención que se presta, dende o consistorio, ás vítimas da violencia doméstica.

    {flowplayer}images/salnes/mesa_violencia_xenero.flv{/flowplayer}

    SANXENXO > O Concello quere mellorar a atención que se presta, dende o consistorio, ás vítimas da violencia doméstica. Para logralo, hoxe constituíse a Mesa de Violencia de Xénero. Un organismo formado polos efectivos policiais e o persoal da concellería de Servizos sociais para mellorar a coordinación entre estes departamentos.

    Estes profesionais son os que atenden directamente ás vítimas, de aí a necesidade de establecer un protocolo de actuación eficiente. Ese foi o obxectivo da reunión que tivo lugar esta mañá no concello, na que participaron a alcaldesa de Sanxenxo, os técnicos do municipio e os efectivos policiais relacionados coa violencia machista.

    Este encontro estivo presidido pola directora e a asesora xurídica do centro provincial de Información á muller, así como a responsable da unidade contra a violencia machista, que explicou as vantaxes de que os concellos conten cunha mesa de violencia de xénero. Sanxenxo ocupa os postos intermedios na lista de concellos con máis casos da violencia de xénero da provincia. Sen embargo, hai moitos casos que aínda están sen denunciar, segundo a alcaldesa deste municipio, Catalina González.

    Dende hoxe, Sanxenxo está entre os cinco concellos da provincia que contan cunha mesa de violencia de xénero especializada, que substitúe as xuntas locais de seguridade, que xa existen en tódolos concellos da provincia con unidades de policía local propia.

    Redacción Salnés