O pequeno comercio pide axuda ás administracións para superar a crise

    campana_nadal_cambados100_141108.jpgCAMBADOS > A crise está a facer efecto no pequeno comercio do Salnés. No que vai de ano xa pecharon uns 50 establecementos, …

    {flowplayer}images/salnes/campana_nadal_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > A crise está a facer efecto no pequeno comercio do Salnés. No que vai de ano xa pecharon 42 establecementos en Vilagarcía e 8 en Cambados, e varios teñen colgado o cartel de liquidación por peche. A advertencia fíxoa esta mañá o presidente de Cambados Zona Centro, Marcos César González. O tamén presidente do Consorcio de Comercio do Salnés reclamou a axuda das administracións, por exemplo coa conxelación de impostos.

    Marcos César González presentou hoxe en Cambados a súa campaña de Nadal e animou ós comerciantes locais a facerse cargo da iluminación das principais rúas da vila. O Concello volverá a financiar o alumeado na praza do Concello e na Ribeira de Fefiñáns. Pese a esta mala racha, Cambados Zona Centro premiará a fidelidade dos seus clientes co típico sorteo de Nadal. O día 22 ás oito e media da tarde no Auditorio da Xuventude actuará un monologuista e logo repartiranse 10 fins de semana en casas rurais.

    Zona Centro convocará o día 5 o concurso escolar de postais, cun premio de 200 euros para o colexio e un lote de libros para o alumno gañador. De novo recupérase a festa da Papá Noel o día 24 e a toma de lacasitos de Fin de Ano o día 31, ambas na praza do Concello. Os comercientes tamén colaborarán na Cabalgata de Reis.

    Redacción Salnés