A Fundación Comarcal do Salnés da unha charla sobre a ‘Ruta do Viño’

    CAMBADOS > Hoxe a Fundación Comarcal do Salnés pechou a campaña de adhesión e difusión entre as empresas radicadas nos concellos da comarca que quixeran adherirse a Ruta do viño Rías Baixas e participar no material promocional do ano 2.006 . Deste xeito esta tarde explicáronse de novo as vantaxes de adquirir esta nova marca de calidade.

    A ‘ruta do viño Rías Baixas’ como marca de calidade ‘Ruta do viño de España’  é unha iniciativa nova que trata de ofrecer un producto turístico diferente. Os establecementos que poden participar deben estar ligados o viño en algún sentido. Deste xeito poden formar parte as adegas, aloxamentos, restaurantes e comercios especializados. Os adheridos que queiran pertencer á  ruta deben cumprir uns requisitos mínimos de calidade.

    Para que os establecementos formen parte desta nova marca, os concellos deben estar adheridos. Ata o momento pertence A  Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova.

    As principais actuacións basearanse na promoción a nivel nacional a través de ACEVIN e a Secretaria Xeral de Turismo, a nivel internacional a través de Turespaña, e a Fundación Comarcal promocionará a ruta a nivel local. Ademais contará cunha páxina web con enlaces a cada un dos establecementos adheridos. As adegas deben estar dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas,  deste xeito o Consello Regulador participará na promoción da ruta.

    Redacción Salnés