Nefasto arranque das rebaixas

    BARBANZA> Tendas baleiras e poucas compras no día inaugural. Mentres non cambie a meteoroloxía, os comerciantes son pouco optmistas.

    Hoxe, 1 de xullo, comezan oficialmente as rebaixas. Non obstante, os comerciantes quéixanse da falta de ventas debido ás chuvias e ó mal tempo. Moitos son os escaparates que locen os esperados descontos en roupa e complementos. En anos anteriores este día era un rebumbio de xente en busca de novas pezas para ós seus armario,s pero hoxe o asunto foi ben distinto. Nas rúas, puidemos ver a poucos camiñantes portando bolsas de compras e as tendas estiveron practicamente baleiras ó longo do día a pesar de ofrecer suculentos descontos. Parte da culpa pode ser da crise pero os comerciantes achacan directamente á meteoroloxía os graves danos na facturación. Os comerciantes consideran que os compradores non se deixarán ver ata que cesen as chuvias no Salnés e no Barbanza.