O sector da limpeza de edificios inicia unha folga indefinida

    folga_limpeza100_171108.jpgVILAGARCÍA > Os traballadores da limpeza en edificios e locais públicos e privados da provincia de Pontevedra comezaron hoxe unha folga indefinida.

    Varias traballadoras do sector xunto con dous representantes sindicais conformaban o piquete informativo que esta mañá percorreu varios edificios e locais de Vilagarcía nos que prestan servizo. Tratábase de informar ós traballadores do motivo da folga e animalos a unirse ó paro, coma ocorreu no Instituto Social da Mariña de Bamio.

    Reivindican un convenio digno, con melloras salariais e sociais; e acusan á patronal de frear as negociacións. Os traballadores manterán o paro ata que a patronal decida sentarse a negociar e escoite as propostas dos sindicatos, como elevar o salario base dos 700 ós mil euros.

    No caso de Vilagarcía, esta é a primeira vez que hai un piquete tan unido, por iso agardan facer a forza suficiente para sentar á patronal e negociar un convenio xusto. A folga ten carácter xeralizado en toda a provincia de Pontevedra, e segundo os sindicatos, en cidades como Vigo ou Pontevedra está a ser un éxito. Tan só se manteñen os servizos mínimos nos centros do SERGAS.

    Redaccíón Salnés