No te perdas o golazo de Luismi dende o medio campo

futbol250_171108.jpgSALNÉS > Balance de dúas victorias e dúas derrotas nesta xornada para os equipos do Salnés. Ó que mellor lle foron ás cousas foi ó Vilalonga que tras catro xornadas sen gañar, pasou por enriba do Coruxo (5-1), cun golazo dende medio campo incluido.

{flowplayer}images/salnes/futbol_171108.flv{/flowplayer} 

Gran partido de fútbol o que presenciou onte a afección de San Pedro. Mes e medio facía que non gañaba na súa casa o Vilalonga que goleou ó Coruxo (5-1).

Con 1-1 ó descanso, o partido rompeuse no minuto 15 da segunda parte; os visitantes relamaron penalti na área do Vilalonga por man dun defensor e na mesma xogada, na contra, Pablo Pillado metía o 2-1. A penas sesenta segundos despois Luismi facía o que pode ser o gol do ano.

A partir de ahí o Coruxo botouse arriba a polo empate e o Vilalonga aproveitou para facer dano nas contras. Pillado e Saúl, ambos fixeron doblete, fixeron o cuarto e quinto para completar unha goleada que os deixa en metade da táboa e con moita moral para afrontar o vindeiro compromiso ante o Montañeros.

O que non puido vencer foi o Arousa, que caeu despois de sete xornadas sen facelo ante o Verín por 0-1. Non estiveron finos os de Laxes que viron como o conxunto ourensán freaba o xogo combinativo que tan bo resultado lles dera ós vilagarciáns nas últimas semanas. Non estiveron acertados cara o gol nas poucas ocasións que crearon; pola contra sí que acertou o Verín nunha das que tivo, tanto de Oli.

O Céltiga  volve tamén pola senda do triunfo cunha importante victoria ante o Somozas por 0 -1, tanto de Diego ó pouco de comezar a segunda metade. Os de Josiño Abalde quedan quintos na clasificación, a dous puntos da fase de ascenso grazas ó bo traballo defensivo feito nas Pardiñas e unha boa segunda metade en xogo de ataque.

Outra derrota, que entraba dentro do previsto, foi a do Portonovo en San Lázaro (1-0). Os de Milucho plantáronlle cara ó Compostela aínda que acabou caendo por culpa dun erro defensivo que o dianteiro local Rubén Márquez aproveitou. Pese a todo os portonoveses continúan fóra dos postos de descenso.

Ademais, déronse estes resultados na Preferente Autonómica: Ponte Ourense 1-1 Ribadumia 1; Pontellas 2 – 0 Unión do Grove; Caselas 1-2 Sanxenxo.

Redacción Salnés