A AF7 reducirá o número de participantes na fase final

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

A Arousa Futbol 7 deste ano xa comeza a tomar forma pese a que faltan varios meses para que comece a fase previa, que o fará días antes da chegada da Semana Santa. Entre as grandes novidades deste ano, estará a reducción de equipos participantes na fase final, de 24 pasarase a 16. Os motivos son básicamente dous: por imaxe e estética, segundo os organizadores luce máis se se disputa todo o torneo nun só campo, e non en dous como ata o de agora; e en segunda instancia, pola crise económica, que tamén toca a estes torneos de futbol. A falta de apoios publicitarios conleva menor presuposto e polo tanto obriga a traer menos conxuntos.

No estrictamente deportivo, as previas, que reunirán a case 70 equipos de Galicia, Asturias, Castela e Portugal, disputaranse nas datas ó redor da semana santa. De ahí sairán catro conxuntos que disputarán a fase final o 29, 30 e 31 de maio. Entre os clubs presentes repetirán dos españois Real Madrid, Valencia e Atlético, entre os máis chamativos. O Barça foi de novo convidado e podería voltar á Arousa Futbol 7 se prioriza este prestixioso torneo internacional con respecto ás súas competicións domésticas.

Outro dos clubs que podería estar, sería o Tottenham Hotspur. Un representante do club inglés aterriza hoxe en Vigo e examinará con lupa durante a todo o día as instalacións onde se vai desenvolver o torneo, mailos hoteis e lugares de adestramento, para remitir un informe ó club e este poida dar o visto bo. Dende a organización da Arousa Futbol 7 son optimistas de cara ó concurso do conxunto inglés.

Tamén o son coa participación dun equipo brasileiro. Manuel Diz, director da AF7, está a manter conversas con representantes de varios conxuntos que estarían dispostos a vir. Faltaría por pechar con eles as condicións económicas, xa que obviamente supón un enorme gasto para os clubs sudamericanos trasladar a unha expedición dunhas 30 persoas, fundamentalmente polos prezos dos vóos.

Redacción Salnés