RIBEIRA > O PP instará á Xunta a definir o proxecto das instalacións do Servizo de Drogodependencias de Ribeira para poñer en marcha este servizo.
{flowplayer}barbanza/mocionppuad.flv{/flowplayer}
A pesar de que xa no ano 2005 se anunciou a construción dun novo centro de atención ás drogodependencias e de Saúde Mental nas inmediacións do hospital do Barbanza, aínda non está definido o proxecto nin a súa ubicación concreta.
É por elo, que o grupo municipal do PP en Ribeira decidiu levar a pleno unha moción instando á Xunta a axilizar os trámites que permitan a posta en marcha deste servizo.
Precariedade
Na actualidade, a Unidade Asistencial de Drogodependecias ubícanse nun inmoble situado na zona de Coroso, que se atopa en condicións precarias, polo que os populares consideran prioritario o traslado do servizo a unhas instalacións axeitadas que se complementarían tamén coa creación dun centro comarcal integrado de saúde mental.
Os populares lembran que xa no ano 2003, cando o PP gobernaba na Xunta de Galicia, comezouse a elaborar o proxecto dun novo edificio, ubicado nos terreos anexos ó parque de bombeiros de Xarás. Daquela mesmo existía un compromiso económico por parte da Xunta e da Deputación da Coruña para a financiación do proxecto.
Sen embargo, co cambio de goberno autonómico plantexouse a opción de emprazar o novo centro nas inmediacións do hospital co fin de integrar servizos. Dende entón, denuncian os populares, decoñécese a ubicación exacta, o orzamento e o deseño das instalacións.
Por este motivo, instan á Consellería de Sanidade a acelerar a tramitación e poñer en marcha canto antes a construción das novas instalacións do Servizo de Drogodependecias de Ribeira.
Redacción Barbanza