O PP aposta polas corporacións locais

    louzn100.jpgPONTEVEDRA > O presidente do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, instou, hoxe, ao Goberno de Zapatero a aumentar a partida orzamentaria…

    … para os concellos, nas contas nacionais para o ano 2009. Louzán asegura que as corporacións locais están sumidas nunha profunda crise que empeorará de cara aos vindeiros anos, se o goberno central non fai nada para apoiar á economía local.

    Zapatero esqueceu ás corporacións locais nos orzamentos para o ano 2009. Así o asegurou está maña o presidente do PP en Pontevedra. Rafael Louzán falou en nome do partido cando dixo que o goberno central é o culpable da crise económica que se está a sufrir nos concellos de todo o país.

    Rafael Louzán asegura que o goberno de España reducirá en 940 millóns de euros a partida orzamentaria destinada aos concellos, para o vindeiro ano. Esta redución no financiamento impedirá aos concellos pagar as facturas ás empresas acredoras co que, ó final, as prexudicadas serán as pequenas e medianas empresas do país, segundo as palabras de Louzán.

    O partido popular presentará, a nivel nacional, unha serie de propostas ao executivo de Zapatero. Entre estas iniciativas está a de solicitar liquidez para os concellos ao goberno central, así como crear unha liña de financiamento para que os gobernos locais poidan pagar as facturas ás empresas acredoras.

    Rafael Louzán, que tamén é presidente da Deputación de Pontevedra, anunciou algunhas medidas dende a institución provincial. A Deputación está a punto de firmar un contrato de préstamos cunha entidade bancaria por importe de 10 millóns de Euros. Esta cantidade irá destinada a financiar aos concellos da provincia en crise.

    Redacción Salnés