O BNG denuncia as carencias coas que os colexios inician o curso

    bngcolexios.jpgRIBEIRA> O BNG insta o executivo local a continuar cos arranxos nos distintos centros educativos para paliar as carencias que aínda presentan

    {flowplayer}barbanza/bngarranxocolexios.flv{/flowplayer}

    O BNG de Ribeira cre que o grupo de goberno local non fixo os deberes durante o verán, dado que moitos colexios seguen a presentar carencias unha vez iniciado o curso.

    En Aguiño precisan un baño adaptado e a reparación de cisternas e renovación do tellado. Ademáis existen un sistema de alarma que non funciona.

    Máis seguridade

    No colexio de Artes os nacionalistas piden máis vixilancia policial nocturna, ó seren un lugar habitual da práctica do botellón. O centro tamén precisa un peche perimetral máis seguro e o amaño do patio de educación infantil.

    En Carreira, os problemas que persisten son o cambio de caldeira, o arranxo dos baños e habilitar un patio cuberto.

    Por último, os nacionalistas instan ó grupo de goberno de Ribeira a que cumpran as súas promesas e dote dunha aula de infantil ó colexio de Olveira, dun patio cuberto o CEIP de Frións e amañe o tellado e a pista polideportiva de Palmeira.

    Escasos recursos

    Outro dos problemas que suscita a queixas dos nacionalistas é a escaseza na dotación de recursos docentes e de persoal de limpeza dos centros. En moitos colexios tan só unha persoa está a fronte do servizo de limpeza e naquel caso que hai dúas, unha delas está contratada por media xornada.

    Redacción Barbanza