O Extrugasa vendeu cara a súa derrota ante o Tarbes

baloncesto250_211108.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa non puido onte co Tarbes e caeu derrotado, aínda por tan só cinco puntos de diferencia, 51-56. Pese á derrota a clasificación non corre perigo e as vilagarciáns poderán certificar o seu pase á seguinte rolda o vindeiro xoves ante o Coimbra.

Non puido pecharse o pase a dezaseisavos de final, pero non hai por que alarmarse, a derrota entraba dentro do previsto ante o Tarbes, favorito ó título na Eurocup e ó que onte o Extrugasa plantoulle cara, só caeu por cinco, 51-56.

Dada a victoria do Coimbra ante o Ribera no outro partido do grupo, as vilagarciáns precisan vencer ás lusas por dous puntos ou máis o vindeiro xoves en Fontecarmoa para ser segundas; perdendo aínda terían opcións de pasar como un dos mellores terceiros.

O encontro de onte ven marcado por varios factores: primeiro, que o técnico Isaac Fernández fixo cambios no xogo defensivo, fundamentalmente, e deulle máis minutos ás menos habituais. O arranque do Extrugasa foi malo e as francesas colleron pronto diferencias cómodas superiores ós dez puntos.

Pero o Extrugasa non se rendeu e foi quen de levantar os catorce puntos polos que perdía ó comezo do segundo cuarto. Metéronse de cheo no partido despois do descanso cando se situaron a un punto das galas (39-40). Ahí a mala fortuna e o desacerto en ataque privoulles da victoria, xa que na parcela defensiva o traballo estaba sendo inmaculado. A maior serenidade das galas deulle-la victoria.

Agora este encontro hai que esquencelo canto antes porque mañá chega o Soller Joventut, recén ascendido, gran revelación da liga ó que o Extrugasa quere cortarlle esa boa traxectoria, porque as vilagarciáns sí que están necesitadas dun triunfo.

No baloncesto masculino, en Liga EBA, o Inelga desplázase fóra para xogar co Zamora. Un partido que debe servir ós de Juan Espiñeira para levantar o vóo despois de dúas derrotas consecutivas que os estar a colocar na parte baixa da táboa.

Redacción Salnés