CCOO mobilizase contra o despido dunha delegada sindical no Supermercado Froiz

    dv743_-_froiz_100.jpgPONTEVEDRA > O sindicato Comisións Obreiras ven de denunciar o despido improcedente dunha muller, empregada da empresa…

    … Supermercados Froiz. Esta rapaza traballaba no centro que esta empresa de Poio tenda na Guarda, e era alí onde, na súa condición de delegada sindical, interpuxo máis de dez demandas, -a maioría gañadas-, ante a inspección de traballo contra a empresa. Estas denuncias rexistraban varios incumprimentos sistemáticos do convenio colectivo en cuestións como o de sobrepasar ás 80 horas extras permitidas ou poñer a venda productos que non estaban en óptimas condicións, segundo afirmou CCOO. Logo disto, a empresa decidiu prescindir dela alegando razóns como baixa productividade; e logo no acto de conciliación ofrecéronlle cartos para comprar o seu silencio.

    Desde esta forza sindical aseguran que non poden permitir esta actitude de patronal de pura dereita que se repite na maioría dos centros deste grupo empresarial.

    Por isto, desde CCOO fan un chamamento ó resto dos sindicatos con representación, como Fetico e o maioritario CIG, para que os apoien; especialmente nas vindeiras mobilizacións que se van a estender ó resto dos centros. A seguinte manifestación terá o día 14, de once a once e media da mañá, na Avenida Rosalía de Castro de Pontevedra.

    Redacción Salnés