![]()
O SALNES> O ente dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o IGAPE, convocou na súa sede en Santiago…
{flowplayer}images/salnes/cig_reunion_sindicatos_alfageme.flv{/flowplayer}
… ós representantes sindicais con representación na empresa Alfageme. Aínda que estes sindicalistas xa ían con poucas esperanzas de encontrar boas notas, o que lles deron foi un novo varapau: a Audiencia Provincial de Pontevedra, en vez de dictar o auto xudicial que agardaban para posibilitar que a empresa ofertante El Consorcio puidese retomar a actividade da Conserveira no Salnés; quitou unha providencia que outorga unha nova marxe de tempo de 30 días para que os administradores concursais poidan presentar máis documentación.
Esta xerra de auga fría podería poñer en risco á oferta do grupo cántabro; co que a CIG xa pensa en retomar as mobilizacións; non só por esta novidade, senón porque pensa que o IGAPE está a dilatar o proceso inxustificadamente no canto de convertirse nos principais acreedores, executando os avais pendentes, para gañar tempo para cando saia o auto favorable que agardan.
Nesta xuntanza, o sindicato nacionalista reivindicou unha reunión entre tódalas partes implicadas; os propios sindicatos, representantes do IGAPE, dos bancos, do grupo El Consorcio e os propios administradores concursais que podería celebrarse en Santiago o vindeiro luns. Polo de agora, mañá ás 10 da maña, a CIG explicaralle o contido desta reunión ás traballadoras, na factoría que Alfageme ten en Ribadumia. Aquí, prantexaranse a idea máis que firme de retomar as mobilizacións para facer barullo antes das vindeiras eleccións xerais.
Redacción Salnés






