O Rasoeiro despídese prácticamente da fase de ascenso

balonman250_251108.jpgSALNÉS > Dobre derrota para os conxuntos de Salnés nesta última xornada ligueira. O Rasoeiro caeu na casa ante o Carballal e precisaría dunha milagre para poder xogar a fase de ascenso. O Albariño Agnusdei, continúa co seu particular calvario e sumou a súa décima derrota da temporada.

Quedan catro partidos desta primeira fase e o cuarto claficado sácalle tres victorias ó Rasoeiro, é dicir, matemáticamente aínda hai posibilidades de meterse entre os catro que disputarán a fase de ascenso, e evitar polo tanto a de descenso, pero esas probabilidades son mínimas ou case nulas.

Sería todo moito máis sinxelo se os grovenses tiveran gañado o encontro vital do pasado sábado ante o Carballal, agora estarían a tan só unha victoria. Pero escapóuselles nos intres finais, pese a intentalo.

O encontro foi moi igualado dende o inicio, cos dous equipos ben plantados sobre a cancha; os visitantes, pegaron un tirón xusto antes do descanso que os deixaba catro goles arriba, 12-16.

Lonxe de renderse o Rasu recurtou diferencias, aínda que non puido voltear o marcador. As actuacións dos dous porteiros foron para enmarcar e Ballesteros, o visitante, parou varios lanzamentos en instantes decisivos que finalmente fixeron inclinar a balanza cara o lado do Carballal, por 26-29.

A vindeira semana, o Rasoerio visitará a cancha do Teucro Reale en Pontevedra, última oportunidade para seguir prolongando o soño de meterse entre os catro.

Ese soño hai moito tempo que o perdeu o Albariño Agnusdei, que caeu de novo, nesta ocasión na cancha do Hierros Márquez por 34-26.

Mesmo guión que nas últimas semanas: os meañeses saen ben ó encontro, centrados, pero caen víctimas do cansancio na segunda metade.

Puxéronse 0-4 arriba nos primeiros minutos e chegaron igualados ó descanso; pero o físico volvéulles a xogar unha mala pasada.  O seu vindeiro rival será o Ártabro.

Redacción Salnés