Chapela vence no arranque da Liga Galega de Traíñas

traias250_160609.jpgSALNÉS> Deuse o pistoletazo de saída á Liga Galega de Traiñas. O sábado, a explanada do Auditorio de Vilagarcía acolleu a presentación oficial, onde se deron cita os 14 clubes que loitarán durante este verán polo título. E o domingo, primeira regata en Muros onde se impuxo Chapela.

Xa está en marcha a Liga Galega de Traiñas. As inmediacións do parque Miguel Hernández de Vilagarcía foi o escenario escollido para a presentación oficial, no que os 14 clubes participantes déronse cita coas súas tripulacións portando cadansúa traiña. Non faltaron tampouco as autoridades, entre elas a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, ou o Secretario xeral para o deporte da Xunta, José Ramón Lete. Pese á espectacularidade do acto, o presidente José Ramón Outeda da Liga Galega de Traiñas evidenciou ante os presentes as urxencias dun deporte maltratado económicamente.

Xa pola tarde disputouse no peirao de Vilaxoán a XIX Bandeira Deputación de Pontevedra, onde as embarcacións da ACT amosaron a súa superioridade. Tirán foi primeira e Meira segunda, mentres que moitos dos participoantes da liga galega quixeron reservar tripulantes para a regata do domingo.

Xa en Muros, a máis rápida foi Chapela, superando na súa mesma tanda ó favorito Cabo de Cruz, que chegou cinco segundos por detrás. Mecos tamén venceu na súa, e finalizou terceiro na xeral, seguido por Náutico de Vigo e Perillo.

A polémica chegou con Amegrove, que non puido competir por non presentarse ó control de fichas previo á competición. Dende o club de Porto Meloxo consideran excesiva esta sanción e durante esta semana tomarán cartas no asunto para defender os seus intereses.

Redacción Salnés